Biblio-online

Outra nova escolma de libros para que poidades ler ou descargar. Recordade que algúns deles soamente estarán dispoñibles durante uns días, polo que se os desexades gardar para ler máis adiante, debedes descargalos o antes posible.

el-principito-15el-fantasma-de-cantervillea-todos-los-chicos-de-los-que-me-enamore_9788408128441511Wmz1J8WL

Libros de Olga de Dios para os peques e pictocontos

A coñecida autora e ilustradora Olga de Dios comparte na súa web https://olgadedios.es/libros diverso material: contos para descargar gratuitamente, vídeo-contos, materiais para descargar e colorear, contos como o do “Monstruo Rosa”  adaptado con pictogramas e unha morea de cousas máis… Recomendamos que fagades unha visita a súa web.

Se o desexades, dende aquí, tamén podedes descargar os seguintes libros (pulsando sobre as imaxes abriravos o enlace de descarga):

Rana-de-Tres-Ojos_CUBIERTA_-768x707               LEOTOLDA_portada-1024x937ENFAMLIIAPortada               portada_PajaroAmarilloportadas monstruo jalon.indd

Ademais, tamén para os peques do cole e para os nen@s con dificultades e que lles custa ler, deixamos os seguintes contos para compartir coas familias. Só tedes que pulsar nas imaxes inferiores para ver o conto que máis vos guste. Estes pictocontos podedes tamén descargalos de xeito totalmente gratuito na web: https://www.pictocuentos.com

pictocuentos-ricitosdeoro-1-638

1f4fd64be3fc03e7efbfc7a3f9644008

 

 

 

 

pictocuentos-elpatitofeo-extendido_Page_01_Page_01-1024x724

 

 

 

 

 

 

 

Teatro e circo para os peques dende a casa

Con motivo da celebración do día do teatro (27 de marzo) e debido a situación de confinamento dos nenos e nenas na casa, a compañía Berrobambán, oferta en youtube a súa obra infantil titulada Bicharada. Trátase dun vídeo de rexistro da obra e non estaba pensado para a súa difusión. Pero co obxectivo de axudar ás familias a sobrelevar o confinamento decretado para conter a crise do COVID-19, podedes visionalo os martes, xoves, sábados e domingos de 11:00 h a 18:00 h.

Porén, o “Circo del Sol” tamén quere contribuir ao entretemento durante este confinamento e ante a imposibilidade de ver en vivo algunhas das súas representacións, anunciaron a creación dunha plataforma dixital na que se poderán ver alguns dos seus espectáculos. Esta web, chamada CIRQUECONNECT, estará dispoñible dende hoxe mesmo, venres 27 de marzo, a partir das 20:00h en España e estrenará un especial de 60 minutos con algúns dos seus espectáculos máis coñecidos, aptos para todas as idades.

Biblio-online

Nesta nova entrega de libros deixamos a seguinte escolma: uns libros (un deles moi sinxeliño en inglés) e tamén un cómic.

 A maioría dos libros desta entrada aparecen ofertados pola editorial Planeta na súa web de xeito gratuito ata o 31 de marzo. Asi que aproveitade estes días para descargalos, se os ides ler máis adiante. Para máis info: PULSA AQUÍ PARA ABRIR O ENLACE A WEB DA EDITORIAL PLANETA

Agardamos que vos gusten e nos vindeiros días Draco irá compartindo máis libros.

photo_2020-03-24_19-06-1691uxsiz5yhL

8251_1_portada___201510291501

Portada8250_1_portada_el-leon-la-bruja-y-el-armario_c-s-lewis_2015052609358245_1_portada_algo-tan-sencillo-como-tuitear-te-quiero-serie-algo-tan-sencillo-1_blue-jeans_201705311051_1

Libros Gratis de Baía Edicións

baialogo--500x353

Son moitas as editoriais que estes días se suman a iniciativa de #euquedolendonacasa.

A editorial Baia Edicións tamén se sumou a esta iniciativa e oferta diversos libros en galego para estes días de confinamento na casa:

 

Para 4-6 anos:

  • Nube branca quere ser astronauta, de Pablo Nogueira e Manuel Uhía (ilustracións).
    Disfrázate, sopra, canta e salta con esta sinxela historia de superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a pronunciación. DESCARGA.
  • Un día de treboada, de María de Mata e Mariana Riestra (ilustracións). DESCARGA.
    Por que non pode unha muller ser tractorista? Falamos de igualdade, sempre a ter en conta.
  • O dragón comemedo, RuAn (texto e ilustracións). DESCARGA.
    Este conto pode axudar a superar os medos a pequenas e pequenos, nun momento en que senten que algo estraño está a pasar, sen poder saír da casa.

Para 7-8 anos:

Para 9-10 anos:

  • Boa sorte, de María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.
    Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non lle saíu ben, pois naceu de cu. Ciencia e aventura nunha única obra con divertidos experimentos.
  • Moko, Cristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións). DESCARGA.
    Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono e vivir unha aventura inesquecible.

Para maiores de 12 anos:

  • A herdanza do marqués, de Conchi Regueiro e Noemí López Vázquez (ilustracións). DESCARGA.
    Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.
  • Diario dunha noiteboa, de Jacobo González Outes. DESCARGA.
    Novela negra ambientada en Compostela e no segredo dun grupo de estudantes de universidade que vai ser desvelado no diario do principal acusado da morte dunha moza.
  • Liliput, de Manuel Lugrís Rodríguez. DESCARGA.
    A Coruña como pano de fondo nunha investigación xornalística na que se nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques e onde ninguén pode escapar ao seu destino.

 

Para máis info podedes consultar no seguinte enlace da web da editorial:

Libros gratis na editorial BAÍA