CONTACONTOS MOI ESPECIAIS

Ola rapaces e rapazas,

Hai uns días, os nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria, recibiron a visita de varios/as valuntarios/as de 6º de educación primaria, que viñeron contarnos o conto «A que sabe a Lúa», empregando para iso, a mesa de luz. Estiveron moi atentos e atentas e gozaron moito escoitando, e sobre todo vendo a posta en escena.

Estas actividades están resultando moi enriquecedoras, tanto para maiores como para pequenos. Esperamos repetilas moi pronto!

Deixamos esta escolma de fotos, para dar unha pequena idea de como foi esta visita.

DE VISITA Á BIBLIOTECA ÁGORA

Durante o mes de marzo e abril os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil, foron de visita ao Ágora, a nosa biblioteca de referencia. Alí gozaron da lectura de varios contos por parte das bibliotecarias, e viron como estaba organizada. Fíxolles moita ilusión volver ver a Ole, (o paxaro azul que vive na biblioteca) e falar con el.

Pasárono xenial e para mostra, a siguinte escolma de fotos da visita.

A POESÍA NOS XOGOS POPULARES

Ola nenos e nenas,

O pasado 22 de marzo, para celebrar o Día da Poesía, e tendo en conta o PDI deste curso, «Xogos populares«, propuxemos unha actividade para o recreo, que relacionara estes dous aspectos. Deste xeito, cada aula tiña que pensar nun xogo popular que incluíra unha canción na súa dinámica. O resultado foi marabilloso, e máis se temos en conta, que aproveitamos esta actividade para interrelacionar os niveis, de forma que os pequenos/as ensinaban o seu xogo aos maiores e estes/as aos pequenos/as.

Que ben o pasaron e como aprenden uns de outros!

DÍA DA POESÍA

O pasado 21 de marzo, foi o Día da Poesía, e desde o colexio quixemos celebralo, cantando cancións e recitando frases que empregamos nalgúns xogos populares, relacionándoo así co PDI deste curso. E non puido ser dunha mellor forma, que retransmitíndoo a través da radio do cole, para que todos e todas o puidéramos escoitar en directo.

Deixamos un vídeo onde podemos escoitar e ver a estes pequenos e pequenas locutores e locutaras.

VISITA DE ANA MEILÁN

Ola nenos e nenas,

Fai uns días a escritora galega, Ana Meilán, veu visitarnos á nosa biblio para deleitarnos con dous dos seus contos, «Bágoas baixo a cama» e «Quen vén esta noite?». O primeiro contoullo aos nenos e nenas de 4º e 5º de infantil e o segundo ao alumnado de 6º de infantil.

Foi un pracer escoitala e gozar coa súa posta en escena. Deixamos unhas fotos deste encontro.

8M: «DÍA DA INTERNACIONAL DA MULLER»

O Día Internacional da Muller» conmemórase cada 8 de marzo, e dende o noso colexio quixemos celebralo, dándolle a volta a unha canción infantil popularizada nos anos 70 polos Paiasos da Tele, «os días da semana» e así adaptala aos novos tempos.

Deixamos varios vídeos da canción e enriba de cada un aparecen os cursos que participaron na súa gravación. Esperamos que vos guste e que desfrutedes véndoos.

3, 4 e 5 anos A, 1ºA, 2ºC, 3ºA e 4ºC.

3, 4 e 5 anos B, 1ºB, 2ºB, 3ºB, 6º C.

3, 4 e 5 anos C, 1ºC, 2ºA, 3ºC, 4ºC.

4ºD, 5ºA, 5ºB + 5 anos A, 1ºB, 6ºA, 3ºA, 6ºC.

Día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro celebramos o «Día de Rosalía de Castro» e nada mellor para iso que estreando a nosa Radio Escolar.

Varias clases de primaria retransmitiron en streaming a través da radio, varios poemas de Rosalía de Castro e como tamén o gravamos en vídeo, deixámovos a seguinte recopilación dos mesmos. Esperamos que vos guste.

Ademais, as nenas e nenos interesadas/os elaboraron uns marcapáxinas ben bonitos de Rosalía de Castro durante o recreo, tamén os de infantil nas súas aulas. Podédelos ver na seguinte escolma de fotos:

UNHA MALETA VIAXEIRA CHEGOU AO NOSO COLE

O luns 26 de febreiro os peques de 3 anos B recibiron unha carta do CEIP O Pombal de Vigo. Que emoción! Nunca nos pasara tal cousa. Dentro do sobre había unha maleta con palabras en moitos idiomas como grazie, merci, perdoar…entre outras. A maleta quere percorrer o mundo e visitar a moitas/os nenas e nenos. Nós presentámoslle á nosa mascota da Biblioteca, Draco, e agora deixarémoslle seguir o seu camiño. Próximo destino…sorpresa!!